Xoves 6 de maio 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
XXIX Feira do Libro na Alameda
A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, a Alameda acolle os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades.
Do 1 ao 9 de maio, de 11:00 a 21:30 horas, na Alameda.
Axenda
Semana da Natureza en Fontiñas
O CSC das Fontiñas acolle unha Semana da Natureza chea de actividades, no marco da Aula de Xogo.
Do 4 ao 8 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Obradoiro poético e recital comentado de Yolanda Castaño
A autora de poemarios como Elevar as pálpebras e O libro da egoísta ofrece unha charla na que vai debullando non só os seus propios presupostos poéticos, senón algunhas ideas sobre a poesía nun ton divulgativo e tratando de achegala ao público xeral, mentras as teorías e debates se van ilustrando co recitado dos seus propios poemas.
O oxves 6 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".