Venres 14 de maio 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Obradoiro de creación de títeres en Busto
Dentro do ciclo de animación á lectura Santiago Encantado, obradoiro de creación de títeres a cargo de Titiriarte.
O venres 14 de maio, ás 18:00 horas, no Local Sociocultural de Busto.
Axenda
Animación á lectura con Argallando
Obradoiro de animación á lectura e animación de bibliotecas con Argallando.
O venres 14 de maio, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
Variantes do pilla
O programa Aula de Xogo da rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión centrado nas variantes do xogo do pilla.
O venres 14 de maio, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Contacontos con Charo Pita en Marrozos
Dentro do programa Santiago Encantado, sesión de contacontos dirixida por Charo Pita.
O venres 14 de maio, ás 19:00 horas, no Local Sociocultural de Marrozos.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".