Xoves 22 de abril 2010
Axenda
Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"
A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.
A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.
Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).
Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)
Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Concerto didáctico para mozos da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela interpretará neste concerto didáctico para mozos unha compilación de bandas sonoras en directo e paralelamente á proxección das películas.
O xoves 22 e o venres 23 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
O Cirque du Soleil presenta en Santiago "Saltimbanco"
O Cirque du Soleil chega por primeira vez a Galicia. 50 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo Saltimbanco, unha exhibición de acrobacias, maxia, luz e son dirixida a todos os públicos.
No Multiusos Fontes do Sar.
Mércores 21 de abril, ás 21:30 horas.
Xoves 22 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Venres 23 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Sábado 24 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Domingo 25 de abril, ás 17:00 horas.
Axenda
Creación dun mural colectivo no portalón do CSC das Fontiñas
Nenos, mozos e adultos están convidados a participar neste obradoiro artístico que se desenvolverá ao longo de cinco tardes e que ten por obxectivo crear un mural no portalón exterior do centro sociocultural.
Valéndose do graffiti como ferramenta, crearase un mural artístico coa técnica do trampantollo. O colectivo de cómic Cerditos de Guinea será os encargado de coordinar o obradoiro.
Do 20 ao 24 de abril, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".
Axenda
Con A de astrónomas
Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.
A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.
No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.
Axenda
"Non Solum", con Sergi Lopez
No marco do ciclo Teatro e Danza en Xira, chega ao Principal a obra Non Solum, interpretada por Sergi López. O espectáculo é unha creación do propio López e de Jorge Picó.
O mércores 21 e o xoves 22 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal
Axenda
A Real Filharmonía interpreta a Honegger e Mozart
Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbà. Esta vez, a formación estará acompañada pola soprano María Espada, o tenor Agustín Prunell-Friend, o barítono Florian Boesch e a Cor de Cambra do Palau da Música Catalana. Interpretarán un programa de Honegger e Mozart.
O xoves 22 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.