Mércores 1 de decembro 2010
Axenda
Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda
O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.
Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.
Axenda
Cineuropa 2010
24ª edición de Cineuropa do 10 de novembro ao 3 de decembro. Nesta edición proxectaranse en cinco salas da cidade 130 filmes chegados desde todas as partes do mundo, cunha atención especial ao cinema feito aquí.
Máis información na web de Cineuropa.