Venres 6 de novembro 2009
Axenda
A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio
O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.
Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.
Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Campionato de xogos de sempre
O programa Aula de Xogo da Rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais comezando pola proba de O burriño.
O venres 6 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.
Axenda
"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C
Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.
A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.
Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.
Axenda
O chelista Tim Hugh, convidado da Real Filharmonía
O solista convidado pola Real Filharmonía de Galicia nesta nova cita da temporada de abono é o violonchelista británico Tim Hugh. A orquestra estará dirixida nesta ocasión por Paul Daniel.
O venres 6 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.