Luns 2 de novembro 2009
Axenda
A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio
O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.
Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.
Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Concerto didáctico: "O mundo de Mozart"
Como cada curso escolar, a Concellería Educación pon e marcha o programa de actuacións de teatro e música para escolares de centros de ensino.
Nesta ocasión trátase dun concerto dirixido a alumnos de 2º ciclo de educación primaria. Esta actuación forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O concerto pretende dar a coñecer a vida do compositor Wolfgang Amadeus Mozart xunto con algún personaxe da súa famosa ópera A frauta máxica.
Neste concerto ofrecerase unha selección musical executada por un grupo de cinco instrumentos de vento, o que nos permitirá amosar as posibilidades sonoras, técnicas e variacións tímbricas da frauta traveseira, o fagot, a trompa, o clarinete e o oboe acompañados por un pianista.
A través dunha viaxe no tempo, coñeceremos a Wolfgang Amadeus Mozart, Papaxeno e a Raíña da noite, acompañados pola música do quinteto, dun xeito divertido.
Esta actividade conta cunha unidade didáctica pensada para reforzar os contidos aprendidos no concerto: a familia de instrumentos dun quinteto de vento, a vida de Mozart, as personaxes que aparecen no concerto, as pezas musicais, etc.
Programa do concerto:
A raíña da noite, W. A. Mozart
A frauta máxica, (Obertura), W. A. Mozart
Aria de Papaxeno, W. A. Mozart
Pequena serenata nocturna, W. A. Mozart
A marcha turca, W. A. Mozart
Divertimento nº 13, W. A. Mozart
Concerto para Frauta, W. A. Mozart
Concerto para Trompa, W. A. Mozart
Concerto para Fagot, W. A. Mozart
Concerto para Oboe, W. A. Mozart
Concerto para Clarinete, W. A. Mozart
Grupo:
O grupo Quinteto de Vento Pentafonía e Imaxinaria está formado por David Martínez Lombardía (frauta), Xosé Manuel Rosales (óboe), Martiño Baleirón Frieiro (clarinete), Samuel Pérez Llobell (trompa) e Xosé Alexandre Valcárcel (fagot) forman esta agrupación que se dedica fundamentalmente a ofrecer concertos didácticos para divulgar a música clásica composta para grupo de vento.
O luns 2 de novembro, as 10:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Xornada sobre prevención e control do absentismo escolar
A Unidade de Atención ás Familias (UAF), da Concellería de Benestar Social, organiza unha Xornada sobre prevención e control do absentismo escolar, baixo o título "Depende de ti. A educación, un dereito, un deber".
O luns 2 de novembro de 2009, de 16:00 a 20:00 horas no Paraninfo da USC, na Facultade de Xeografía e Historia.