Mércores 26 de xullo 2006
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Actividades para todos no Centro Sociocultural de Conxo
No que queda de mes de xullo continúan a desenvolverse as diversas actividades programadas polo Centro Sociocultural de Conxo. Cursos, excursións, xogos e cine ao aire libre integran a ampla oferta do centro para estes días estivais.
Axenda
Festas do Apóstolo 2006
Do 14 ao 31 de xullo, Santiago de Compostela celebra o Apóstolo 2006.
Un completo programa para tódolos gustos para gozar durante 18 días dunhas festas para os santiagueses e para os miles de persoas que nos visitan.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.
Axenda
Obras concertantes de Bach para un novo concerto de Vía Stellae
Gli incogniti, unha das mellores violinistas europeas, interpreta obras de Bach.
O mércores 26, ás 21:00 horas, no Salón Teatro.