Venres 6 de abril 2012
Axenda
Chema Madoz: "Ars Combinatoria"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Concertos de Malandança e Diego Ares
Concerto de Malandança dentro do programa de concertos Semana Santa 2012. Mya Senhor Velida. A lírica mariana dos trobadores galegos e franceses.
E a continuación, concerto de Diego Ares, cos seus Tesouros clavecinísticos.
O venres 6 de abril, ás 20:00 e 22:00 horas, na igrexa da Universidade.
Axenda
"Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare"
Alfredo Padilla presenta este traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de Shakespeare Hamlet.
Na Zona "C":
- Do 15 ao 17 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 18 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 22 ao 24 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 25 de marzo, ás 19:30 horas.
- Do 29 ao 31 de marzo, ás 20:30 horas.
- O 1 de abril, ás 19:30 horas.
- Do 5 ao 7 de abril, ás 20:30 horas.
- O 8 de abril, ás 19:30 horas.