Martes 19 de xullo 2011
Axenda
Vive o Verán!
No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.
Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.
Axenda
"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C
Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.
Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.
Axenda
Il Giardino Armonico
Nova entrega do Festival Vía Stellae. Giovanni Antonini dirixe Il Giardino Armónico nun concerto denominado A Venezia!.
O martes 19 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
The Ray Gelato Giants
The Ray Gelato Giants trae os seus Clásicos do swing ao Festival Vía Stellae
O martes 19 de xullo, ás 23:00 horas, na Sala Capitol.