Martes 12 de maio 2009
Axenda
"O espírito do bosque" no Ciclo Cinensino
O Ciclo Cinensino proxecta O espírito do bosque de David Rubín e Juan Carlos Peña. Un bosque está ameazado polos plans de construción dunha estrada. Porén, os seus habitantes, as teupas Furi e Linda e o rato Piono non pensan permitilo.
O luns 11 de maio, ás 10:00, 12:00 e 14:00 horas, e o martes 12 de maio, ás 10:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"
A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.
Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".
Axenda
Semana das constelacions: "Cronstruímos un hábitat lunar"
O Centro Sociocultural das Fontiñas está a organizar semanas temáticas dentro do Programa Aula de Xogo, que desta volta dedica ás constelación. Nesta xornada desenvolverase un obradoiro que leva por título Construímos un hábitat lunar.
O martes 12 de maio, ás 18:30 horas, no CSC das Fontiñas.