Xoves 9 de abril 2009
Axenda
Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"
1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A
Axenda
O espírito sufí con Nassima and Group no Festival de Músicas Contemplativas
A cantante alxeriana Nassima e o seu grupo achegan O espírito sufí, voz de amor ao IV Festival de Músicas Contemplativas de Santiago de Compostela.
O xoves 9 de abril, ás 20:30 horas, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.
Axenda
Festival de Músicas Contemplativas: Recital do XVIII-21 Le baroque Nomade e o Coro Capela da Catedral de Santiago
Continúan os concertos do IV Festival de Músicas Contemplativas, desta volta a cargo da agrupación XVIII-21 Le baroque nomade, baixo a dirección de Jean-Christophe Frisch e o Coro Capela da Catedral de Santiago.
O xoves 9 de abril, ás 22:30 horas, na igrexa de San Martiño Pinario.
Axenda
Música contemplativa para o tempo de Paixón por Nicolau de Figueiredo & Juan Manuel Quintana
O IV Festival de Músicas Contemplativas de Santiago de Compostela celebra o terceiro recital do día, despois da medianoite, coa actuación do brasileño Nicolau de Figueiredo e o arxentino Juan Manuel Quintana, que ofrecerán un concerto para clavicémbalo e viola da gamba.
O xoves 9 de abril, ás 00:30 horas, na igrexa de San Fructuoso.