Domingo 19 de abril 2009
Axenda
Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"
1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A
Axenda
"A quinta do xordo", da Compagnie Catherine Diverrès, no SCQ Danza
A partir da referenza á vivenda de Goya -onde realizou unha serie de pinturas negras- Catherine Diverrès cuestiona as fronteiras físicas, xeográficas e mentais, os límites entre o pasado e o presente, o soño e a realidade. "A quinta do xordo" vai vivir no SCQ Danza a súa estrea absoluta en España.
O domingo 19 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.