Sábado 9 de marzo 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Escenas Poéticas 2: Dessassosego"
Aneis, Asombro e Desassossego constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré.
O 8 e o 9 de marzo, ás 20:30, e os 10 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Odaiko
A percusión dende sempre foi o amigo inseparable das danzas, rituais, traballos no campo…. Por este motivo Odaiko vese na obriga de seguir manténdose fiel a tradición e colorear as súas percusións coa presenza de dous amigos, a voz e a gaita. Ciclo Sons 2013.
O sábado 9 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural