Domingo 3 de marzo 2013
Axenda
Campionato de España de Enduro
Santiago acolle a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo (IV Memorial Eulo Albert), que se disputará nos circuítos habilitados no Monte do Gozo e no Estadio de San Lázaro. Máis de 200 pilotos participarán nesta competición, que a cidade acolle por primeira vez.
Sábado 2 e domingo 3, a partir das 9:00 horas, nas inmediacións do Estadio de San Lázaro, especial C1 Extrema. No Monte do Gozo, especiais C2 e C3.
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Mago Xacobe
O televisivo Mago Xacobe presenta en Santiago o seu novo espectáculo Feitizos e abraios, un show familiar de mediano formato no que combina os xogos máis participativos e cómicos co impacto das grandes ilusións.
O domingo 3 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Escenas Poéticas 1: Aneis"
Aneis, Asombro e Desassosego constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré.
O 1 e o 2 de marzo, ás 20:30 horas, e o 3 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C.