Venres 15 de marzo 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Compostela revelada
A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.
Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
"Escenas Poéticas 3: O asombro"
Aneis, Asombro e Desassossego constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré.
O venres 15 e o sábado 16 de marzo, ás 20:30 horas, e o domingo 17, ás 19:30 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Concerto de presentación do VII Festival de Músicas Contemplativas
A Escola de Altos Estudios Musicais realiza a presentación desta nova edición do Festival de Músicas Contemplativas cunha ampla mostra de grupos de cámara como o dúo de trompeta e percusión, o cuarteto e o quinteto de corda, o quinteto de vento; formados polos alumnos do seu curso avanzado de especialización orquestral.
O venres 15 de marzo, ás 20:30 horas, no Hostal dos Reis Católicos.
Axenda
Def con Dos
Tras máis de vinte anos dende a súa formación Def Con Dos lanza un novo artefacto sonoro, o lapidario España es idiota (Warner Music, 2013), un aguerrido discurso de espírito crítico, mordaz e irreverente poñendo o dedo na ferida aberta que ven sendo a nosa historia recente. Chegan a Santiago no marco do ciclo Compostela Rock.
O venres 15 de marzo, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Quico Cadaval e Jorge Serafím
Jorge Serafim, narrador portugués con vinte anos de traballo como contador e promotor do libro e da lectura e Quico Cadaval, pioneiro da narración oral en Galicia e recente Premio Cultura Galega das Artes Escénicas. Dous contadores excepcionais, cunha longa traxectoria e renome no seu país, xuntos sobre o escenario. Ciclo Falabaratos.
O venres 15 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural