Xoves 14 de marzo 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Compostela revelada
A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.
Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
Lawrence Power coa Real Filharmonía de Galicia
Christoph König dirixe á Real Filharmonía de Galicia e a Lawrence Power, viola. Interpretarán un programa con obras de Bowen e Dvorák.
O xoves 14 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Sr. Chinarro
Sr. Chinarro é un grupo de música formado en Sevilla ao redor de 1990. O seu estilo, que comezou como unha réplica de calidade a grupos ingleses como The Cure, Echo and the Bunnymen ou New Order e americanos como Galaxie 500 ou Slint, foi mutando até converterse en algo perfectamente recoñecible e irremplazable. Chega a Compostela dentro do ciclo Íntimo & Acústico.
O xoves 14 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural