Mércores 27 de febreiro 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"O home almofada", un thriller de Martin McDonagh
Il Maquinario Teatro representa un thriller trepidante e malvadamente cómico. Nun país totalitario sen nome, unha escritora agarda ser interrogada pola policía. O home almofada é unha peza de intriga, onde nada é o que semella, tenra e sarcástica a un tempo, e onde o humor negro semella ser o único xeito de enfrontarse coa dureza da vida.
O mércores 27 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural