Xoves 20 de setembro 2012
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.
Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
Axenda
Concerto da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega.
O xoves 20 de setembro, ás 19:30 horas, na praza das Praterías.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Ceniza" no Teatro Principal
Ceniza é unha obra de teatro para dous actores, encargada ao novo dramaturgo José Pascual Abellán para producir desde Albacity Corporation, e representar por todo o territorio español. Protagonizada por Guillermo Montesinos e Antonio Campos, está dirixida por Lluís Elías e José Pascual Abellán.
O xoves 20 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.