Domingo 16 de setembro 2012
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Concerto da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega.
O domingo 16 de setembro, ás 12:00 horas, no Paseo Central da Alameda.
Axenda
"Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes"
Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes é unha singular proposta de teatro experimental con Clara Gayo, Rula Blanco e Rocío González. No espazo común, tres mulleres e tres discursos. Corpo e texto para unha reflexión sobre o Ben e o Mal, sobre a inocencia e os verdadeiros culpabeis, sobre destinos escritos nos rexistros da beneficiencia, sobre a entelequia da igualdade social. Sobre mulleres no derradeiro escalafón da supervivencia.
O venres 14 e o sábado 15 setembro, ás 20:30 horas, e o domingo 16, ás 19:30 horas, na Zona C.