Sábado 21 de xullo 2012
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Festas do Apóstolo
Axenda
"Galicia Caníbal, O Musical"
Preséntase Galicia Caníbal, O Musical, un espectáculo musical e teatral construído arredor da Movida Galega e de todos os grupos que, ao longo dos anos 80, protagonizaron un dos movementos musicais, estéticos e sociais máis importantes das últimas décadas en España.
Do mércores 18 ao sábado 21 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.