Xoves 27 de maio 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Ensaio aberto da Real Filharmonia
A Real Filharmonía de Galicia abre as portas do Auditorio de Galicia para o ensaio de Ma Mère l’ Oye, de Maurice Ravel, baixo a dirección de Antoni Ros Marbà.
O xoves 27 de maio, ás 11:45 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Concerto didáctico para maiores da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música, coa dirección de X.C Seráns, ofrece un concerto didáctico para maiores.
O xoves 27 de maio, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
VII Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto 2010
Celébrase en varios espazos da cidade o VII Festival de Curtametraxes Curtocircuíto 2010.
Máis información: Curtocircuíto
Do 23 ao 30 de maio.
Axenda
A Real Filharmonía coa soprano Marisa Martins
A mezzosoprano Marisa Martins acompaña á Real Filharmonía nun concerto no que, ademais de obras de Debussy e Ravel, soará unha orquestración de Ros Marbà para a obra de Mompou Cinco melodías sobre textos de Paul Valéry.
O xoves 27 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.