Sábado 13 de xuño 2009
Axenda
"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio
O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.
Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"
A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.
Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".
Axenda
Xogos populares na Praza Roxa
O Centro Sociocultural do Ensanche organiza unha xornada que pretende recuperar os xogos pupulares entre os máis pequenos da cidade, cun feixe de actividades na praza Roxa.
O sábado 13 de xuño, ás 12:00 horas, na Praza Roxa.
Axenda
Verdegaio en directo no ciclo Revelando Voces
Verdegaio nace en 2005 co ánimo de gozar facendo música tradicional e compartila en bailes, festivais e foliadas. Ao longo destes anos viaxaron co seu repertorio a Irlanda, Francia, Portugal e Estados Unidos.
O sábado 13 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
Axenda
Sacha na Horta no CSC de Vite
As gañadoras da segunda edición do concurso A polo Ghit, as compostelás Sacha na Horta, ofrecen un concerto no ciclo Revelando Voces, que achega aos centros socioculturais da cidade concertos de grupos galegos que comezan a soar con forza no panorama musical contemporáneo.
O sábado 13 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.