Martes 20 de setembro 2005

Axenda

A Rocha celebra a súa primeira Semana Cultural

Ata o 24 de setembro

I Semana Cultural do Centrosociocultural de A Rocha

Martes 20 de setembro
Desde as 17.00 horas. Aula aberta de informática. Taller de introdución ás novas tecnoloxías e de xogos interactivos por ordenador.
18.30 horas.Talleres infantís de desenvolvemento da creatividade plástica con materiais de refugallo
19.00 horas. Actuación de marionetas co grupo Trécola "O número oito da rúa dos contos"

Mércores 21 de setembro
Desde as 17.00 horas. Aula aberta de informática. Taller de introdución ás novas tecnoloxías e de xogos interactivos por ordenador.

Xoves 22 de setembro
Desde as 17.00 horas. Aula aberta de informática. Taller de introdución ás novas tecnoloxías e de xogos interactivos por ordenador.
21.30 horas. Cine ao aire libre."Miss agente especial 2"

Venres 23 de setembro
Desde as 17.00 horas. Taller de introdución ás novas tecnoloxías e de xogos interactivos na aula de informática.
19.00 horas. Talleres de creación de chaveiros personalizados.
20:00 horas. Conferencia "A exposición dos resultados da investigación histórica da Fortaleza da Rocha" Impartida por don Hermelindo Portela, dna Mª Carmen Pallares e don Xosé Manuel Sánchez.
21.00 horas. Remate da I semana cultural coa actuación musical de Juan Curiel (música de cantautor).

Sábado 24 de setembro
Misa de campaña na honra de Santa Eufemia.
Sardiñada organizada pola asociación de veciños e actuación musical.

Axenda

Exposicións da Fundación Granell

"O estudio e os amigos de Granell" e "Revelación Profana" na Fundación Granell.

"O estudio e os amigos de Granell" recrea o estudio do pintor e mostra obra de Granell e doutros amigos surrealistas. Aberta ata o 31 de outubro.

"Revelación Profana", do Grupo surrealista de Leeds, Gran Bretaña. Ata o 17 de outubro.

Axenda

VI Ciclo de Lied Santiago de Compostela

Ás 21 horas no Teatro Principal, concertos do Ciclo de Lied "Un soño de Italia".

Mércores 28
Hakan Vramsmo, barítono
Roger Vignoles, piano.

OUTUBRO
Venres 14
Laura Claycomb, soprano.
Roger Vignoles, piano.

Compartir: