Luns 27 de xuño 2005

Axenda

Óscar Dentice expón as súas fotografías na Trisca

Do 16 ao 30 de Xuño: "Santiago en estado puro"

A exposición, aberta no Centro Sociocultural da Trisca ata o vindeiro 30 de xuño, está formada por unha colección de fotografías de autor nas que os valores creativos como a luz ou o brillo conforman unha visión persoal das principais fachadas e paisaxes urbanos del Santiago monumental.

Axenda

II Semana Cultural da Trisca

Actividades programadas (do 21 ao 30 de xuño) dentro da II Semana Cultural do Centro Sociocultural da Trisca, que celebra o seu segundo ano de andaina.

Martes 21
17.00 h
• Xuntanza semanal do club de maiores.
SALA DE ENCONTRO
18.30 h
• Taller de globoflexia. Entrada libre, previa inscrición.
AULA DE XOGO
19.30 h
• Inauguración dos actos da II Sema¬na cultural do Csc A Trisca a cargo da Concelleira delegada de centros socioculturais Dna. Mercedes Rosón Ferreiro.
• Recital poético de D. Jesús Mera, colaborador do centro sociocultural, amenizado na guitarra pola Asocicia¬ción cultural Alfaia.
SALÓN DE ACTOS
20.15 h
• Actuación do grupo de baile "Cantigas e Agarimos".
PARQUE PÚBLICO DE A TRISCA

Mércores 22
18.00 h
• Representación do grupo de teatro Fogar do Maior da Porta do Camiño da obra Menciñeiro á forza. Adaptación da obra de Molliere de Xosé Manuel Carballo. Dirixida por Xan Curiel Ares.
SALA DE TALLERES
18.30 h
• Taller "Danzas do mundo". Preparación.
AULA DE XOGO
20.00 h
• Actuación do grupo coral "A Xuntanza".
SALÓN DE ACTOS

Xoves 23
18.00 h
• Proxección da película "Polígono Sur".
AULA DE TALLER
18.30 h
• Xogos tradicionais para nenos no parque público.
19.00 h
• Actuación musical a cargo da "Asocia¬ción cultural Alfaia".
SALÓN DE ACTOS
Noite de cacharelas e meigallos no barrio.

Venres 24
17.00 h
• Taller de cesteria para maiores.
SALON DE ACTOS
19.30 h
• Exposición de elementos da historia do barrio (fotografías, obxectos, costumes).
• Tertulia sobre o arte no barrio. Conducida pola historiadora Dna. Mercedes Vázquez Bertomeu membro da AV A Xuntanza.
SALON DE ACTOS
22.30 h
• Cine ao aire libre. Película Big Fish.
PARQUE PÚBLICO DA TRISCA

Sábado 25
11.00 h
• Almorzos saudables na cociña.Participa o club de maiores e aula de xogo, colabora D. Xesús Feas con indicaciós sobre hixiene nutricinal nos almorzos.
AULA DE PLÁSTICA
17.00 a 21.00 h
• Zoco dance: Mercadillo da cultura de baile e danza. Espazo de mostra audio¬visual, escénica, moda e alimentación entorno á cultura do baile (consulta a programación específica).

Martes 28
17.00 h
• Xuntanza semanal do club de maiores.
AULA DE ENCONTRO
18.30 h
• Ximcana Infantil e festa da espuma.
PARQUE INFANTIL
19.30 h
• Representación teatral do grupo His¬teria coas pezas O por qué do porqué e Ramón.
SALÓN DE ACTOS

Mércores 29
17.00 h
• Club de maiores. Visita guiada polo arte do barrio.
18.00 h
• Actuación do grupo de teatro Duende Sico coa obra Cando Sico encontrou a lúa.
SALÓN DE ACTOS
19.00 h
• Música e veciñanza para celebrar o día do San Pedro. Actividade organizada pola AV Amigos de San Pedro.
PARQUE PÚBLICO DA TRISCA
Xoves 30
19.00 h
• Festa de clausura da semana

Durante estas datas manterase a programación habitual do centro coas diferentes actividades e servizos. Haberá ademais unha mostra de fotografias baixo o título "Santiago en estado puro", de Oscar Dentice. No barrio o Colexio Alborada celebra tamén a súa vixésima semana cultural
(20, 21, 22 e 23 de xuño) con atractivas actividades, e xa se viven as festas do San Pedro a partir do 29 de xuño e na fin de semana do 1, 2 e 3 de xullo, organizadas polas diversas entidades do barrio.

Compartir: