Xoves 7 de abril 2005

Axenda

Iníciase o Obradoiro de Intervención Familiar

O mércores 6 de abril celébrase a primeira sesión do VI Obradoiro de Intervención Familiar.

O departamento de Benestar Social pon en marcha o VI Obradoiro de Intervención Familiar, que se celebrará en horario de 10.30 a 12.00 e de 16.00 a 17.30 horas no Centro Sociocultural de Fontiñas.

A primeira sesión terá lugar o mércores 6 de abril, e nela tratarase de dotar con diferentes habilidades sociais ás persoas participantes a través de dinámicas de grupo.

As persoas asistentes ao obradoiro poden ir acompañados de nenos e nenas xa que para eles desenvólvese un obradoiro paralelo denominado "Proxecto OFI" (Obradoiro Familiar Infantil) no que eles tamén serán dotados de habilidades sociais a través de xogos e dinámicas grupais.

Axenda

Semana de títeres no Centro Sociocultural de Vite

Co gallo da celebración do seu décimo aniversario, a compañía "Títeres Cascanueces" realizará varias representacións no CSC de Vite os días 7, 8, 9, 11, 12 e 13 de abril. Ademais, haberá outras actividades, como visitas guiadas á exposición "Viaxar con títeres", charlas e lecturas de textos. As actividades comezarán ás 11 horas.

Programa

Xoves 7
Pasarrúas "O parto de mama Semba"
Visita á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "A rúa das pantasmas" (Títeres Cascanueces)

Venres 8
Visita guiada pola exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "Que pasa na praza" (Pablo Nojes)

Sábado 9
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Charla-Coloquio "O títere galego actual" (Jorge Rei-Cachirulo)
Función de títeres "Un cuento viejo vuelvo a contar"

Luns 11
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "Ikú y Elegguá" (Títeres Cascanueces)

Martes 12
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Lectura de textos para nen@s
Función de títeres "Redoblante y Meñique" (Títeres Cascanueces)

Mércores 13
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "A rúa das pantasmas" (Títeres Cascanueces)
Pasarrúas de clausura

Axenda

Antón Lopo presenta o seu "Libro dos amados"

Ciclo literario "Poeta en Compostela"

No Casino de Santiago, presentación do poemario "Libro dos amados", de Antón Lopo.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía

Ás 21 horas, no Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do seu programa de abono. Dirixido por Antoni Ros Marbà, e con Patrick Gallois á frauta.

Programa:

A. Dvorák.......Tres danzas eslavas, op. 46, nº 1, nº 3 e nº 8
K. Penderecki......Concerto para frauta e orquestra de cámara
P. I. Chaikovski......Suite nº 1, op. 71 "O Crebanoces".

O xoves 7 de abril ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a batuta do mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de A. Dvorák (1841-1904) Danzas eslavas, op. 46, nº 1, 3 e 8; de K. Penderecki (1933) Concerto para frauta e orquestra, e de P. I. Chaikovsky (1840-1893) Suite nº 1, op. 71 "O crebanoces". Como solista estará o frautista Patrick Gallois.

Patrick Gallois pertence á xeración de músicos franceses cunha gran carreira internacional, tanto de solista como de director. Estudou con Jean-Pierre Rampal no Conservatorio de París. Foi nomeado primeiro frauta da Orquestra Nacional de Francia (Lorin Maazel), onde estivo ata 1984, data en que iniciou a súa carreira como solista. O seu variado repertorio inclúe obras de compositores barrocos, clásicos e románticos, cunha forte inclinación cara á música contemporánea.

Patrick Gallois tocou estreas mundiais de moitos concertos, como o Segundo concerto para frauta de Eric Tanguy, en 1994, e o Concerto de Sallinen en 1995. Krzystof Penderecki invítao asiduamente para interpretar o seu Concerto baixo a dirección do mesmo compositor coa Sinfonía Varsovia, a Orchestre de Cambrer de Laussanne, a Filarmónica de Sturgarter, a Filarmónica de Xapón… Tamén interpreta habitualmente o Concerto de Rautavaara. Son moitos os compositores que lle dedicaron as súas obras: Concerto para frauta de Takemitsu, Concerto para frauta nº 2 de Marcel Landowski, Concerto para frauta e arpa de Renaud Gagneux, Concerto para frauta de Kristof Maratka, Concerto para dúas frautas de Emil Tabakov entre outros. Karen Tanaka e Kelly-Mary Murphy escriben un Concerto para frauta e violoncello dedicado a Patrick Gallois e Shauna Rolston.
Patrick Gallois toca regularmente baixo a batuta de directores como Sir Neville Marriner, Lorin Maazel, Antal Dorati, Leif Segerstam e en formacións de música de cámara con Yuri Bashmet, Natalia Gutman, Peter Schreier, Jorg Demus, o Cuarteto The Lindsays e anteriormente con Jean-Pierre Rampal e Lily Laskine. É invitado con frecuencia polas orquestras máis importantes, incluíndo a Philharmonia Orchestra, Monte-Carlo Philharmonic Orchestra, Capitole de Toulouse, Chamber Orchestra of Laussanne, Orquestra de Euskadi, Oregon Symphony Orchestra, Orchestre National de Bélxica, Helsinki Phiharmonic, Lahti Symphony, Orchestre d’Auvergne, Koelner Kammerorchester, Edmonton Symphony Orchestra, London Mozart Players, Orpheus Chamber Orchest.

O seu labor docente fai que anualmente participe nas clases maxistrais da prestixiosa Academia Ghiggiana de Siena e no Banff Centre para as Artes en Canadá. É invitado nos festivais internacionais de música como o London Proms, City of London Festival, Pollenca Festival, Monte-Carlo Printemps des Ars, etcétera.

Desde hai 13 anos e despois de crear a súa propia orquestra en París, Gallois desenvolve unha importante carreira como director. Recentemente foi nomeado director musical da Jyvaskyla Sinfonia e durante a temporada 2003/2004 dirixiu a Kuopio Orchestra, a Israel Sinfonietta, a Orquestra de Vaxjo (Suecia) e a Orquestra de Leche (Italia) entre outras.

Axenda

Teatro de Ningures pon en escea "Círculo", de Suso de Toro

No Teatro Principal os días 7 e 8 de abril ás 21 horas.

Teatro de Ningures presenta "Círculo" de Suso de Toro, con Sonia Rúa, Santiago Cortegoso, Casilda García, Pepa Barreiro, Francisco Paredes e Salvador del Río. Dirixida por Etelvino Vázquez.

Círculo é unha obra que nos atrapa no seu mundo tecido cos fíos invisíbeis de emocións profundas e perturbadoras. Nela podemos ver o presente, o pasado e mesmo o futuro dos personaxes.

Personaxes feitos de materias de soños ou de lume, aire, terra e auga, como ensina a alquimia. Personaxes con ecos que non se sabe moi ben se veñen do pasado ou do futuro pero que existen no presente. Personaxes con memoria emotiva, biolóxica, mítica e como non histórica. personaxes que aínda estando sós recoñecen o seu dobre, a ese outro que está feito da súa mesma substancia cando o tropeza "casualmente" pola rúa.

En Círculo falamos da esencia do ser humano e desa volta a nós mesmos, dese recoñecermonos no espello que é o "outro", e no espello do outro que somos nós.
Círculo, en definitiva, fala da vida. Vidas que comezan e vidas que rematan, vidas que se entrelazan, ecos de vidas que se escoitan a través do tempo, a través do espacio. Como di Nano "A vida non é como un programa de televisión, todo moitas parvalladas e esas risiñas que poñen artificiais e todo moito no seu sitio. A vida é outra cousa, que nin se pode falar dela, que che queima a lingua se queres falar dela e que a túa boca non pode dicilo (...) A xente quérelle facer unha cirurxía estética á vida (...) O teatro ten cousas que non ten nin ningunha outra cousa, esa como dignidade de plantarse sen escapar a correr".

Axenda

Factoría Teatro presenta "Tío Vania" na Sala Nasa

Os días 7, 8 e 9 de abril ás 22.00 horas na Sala Nasa

Factoría Teatro pon en escea a obra de teatro "Tio Vania", de A. Chejov. Con Anabell Gago, Rocío González, Pilar Pereira, Xan Cejudo, Alfredo Rodríguez, Roberto Leal e Vicente Montoto.

Axenda

Belmondo presenta "Jean Paul"

No Teatro Galán, os días 7, 8 e 9 ás 22 horas.

A compañía Belmondo pon en escea "Jean Paul". Borja Fernández, idea e interpretación. Montse Triola, dramaturxia e dirección.

¿Jean Paul?
...esa Mona Sisa con bigote, esa cabra ambigua de dúas cabezas, ese taxidermista de idiotas, ese retorno ás cavernas vestido de etiqueta, ese secundario nun filme de serie b, ese partenaire do equilibrista do Circo Mundial, ese contraavance tecnolóxico, ese desconfiado da rutina na vida común, ese romántico psicokiller...
Jean Paul, un vermú suave para tempos de crise; xa o di o refrán: "en tempos de crise, conserva a calma".

Compartir: