Luns 18 de abril 2005

Axenda

O CSC José Saramago acolle a exposición fotográfica de Marcial San Martín

O centro sociocultural José Saramago de Vite acolle ata o vindeiro 27 de abril a exposición fotográfica de Marcial San Martín "Sinfonía para metais".

As fotografías desta mostra son fragmentos de realidade vistos a través dunha cámara, seleccionados e deglutinados por ela. As imaxes presentan elementos arquitectónicos descontextualizados, coa característica común da forte presencia do metal, o material constructivo dominante no século XX.

Marcial San Martín é un mozo afeccionado á fotografía, que estudiou na Escola Mestre Mateo de Santiago.

Na organización da exposición colaborou "Espacio Xove", servizo de mediación sociocultural no ámbito da promoción das formas de expresión cultural da xente moza.

O horario de visita é de martes a sábado de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.

Axenda

Novo concerto didáctico de música tradicional

O martes 19 de abril dará comezo o programa de concertos didácticos de música tradicional que o Departamento de Educación e Mocidade está a organizar nos propios centros escolares composteláns.
Ás 10 horas: Colexio San Paio con 140 escolares de 3º a 6º de primaria.
Ás 12 horas: CEIP Mestre Rodríguez Xixirei con 54 escolares de 1º a 6º de primaria.

Así mesmo o mércores 20 haberá outras dúas sesións, neste caso nos centros escolares:

Ás 10 horas: IES Lamas de Abade, 100 escolares de 2º a 4º de primaria.
Ás 12 horas: IES Xelmirez II con 70 escolares de 2º a 4º de primaria

Os obxectivos principais deste programa son introducir aos participantes no coñecemento da nosa tradición musical, dun xeito lúdico e participativo e promover o uso educativo da música en relación co desenvolvemento sociocultural, politico e económico.

As clases, de 60 minutos, son impartidas por membros do grupo de música tradicional "Caldaloba", do grupo Lelilía, Felisa Segade durante os meses de abril e maio a alumnos de centros escolares de primaria e secundaria de Santiago de Compostela.

Consisten en sesións teóricas nos propios centros escolares durante as cales os músicos tratan contidos como os ritmos, a figura do gaiteiro, a figura da pandeireteira, os romances de cego, as cantareiras, o canto coral con gaita ou a construcción dos instrumentos de música tradicional, ademais de interpretar diferentes pezas musicais exemplificadoras destes contidos.

Compartir: