Xoves 31 de marzo 2005

Axenda

"Hotel Run" no Teatro Principal

Teatro Sapristi interpreta esta comedia escrita e dirixida por Evaristo Calvo.

Os días 30 e 31 de marzo, no Teatro Principal, representarase a obra de teatro Hotel Run.

Hotel Run conta a historia de dúas irmáns que só teñen en común unha perturnación conxénita do sono. O sonambulismo. A morte de seu pai xuntounas para cumprir a derradeira vontade do difunto. Unha vontade absurda de deitar as súas cinzas no retrete do cuarto dun hotel onde, disque, pasara os momentos máis felices da súa existencia. Curioso. Pero máis curioso resulta aínda será que as súas herdeiras se dispoñan a cumprir tan extravagante mandado. Curiroso, ou non. ¿Cantos de nós non nos atopamos, nalgunha ocasión, no trance de facer algo contrario ás nosas conviccións e da nosa vontade?

Hotel Run está concebido como un xogo de misterior absurdos no que as distintas disciplinas que o conforman, en vez de superporse, mestúranse na orixe mesma de escenificación. Non é, por tanto, un espectáculo teatral con pasaxes musicais ou de danza. Máis ben podese definir como un ballet cómico dialogado. A música e a danza serven como veículos da comediaen paridade de impooirtancia co texto e os recursos xestuais.

Texto e dirección: Evaristo Calvo
Intérpretes: Patricia Vázquez, Nuria Sanz e Rodrigo López.
Duración: 80 minutos
Público preferente: maiores de 13 anos

Axenda

Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia

Programa de Abono do Auditorio de Galicia

Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia dirixido por Jesús López Cobos. Programa:

G. Mahler-versión R. Mazzetti.......Sinfonía nº 10 en fa sostido maior

Mahler faleceu deixando esta obra incompleta pero nun estado o bastante avanzado (deixou escrito o Adagio e o Purgatorio) como para proporcionar unha idea clara da súa estructura. A súa viúva conservou a partitura nunha vitrina ata que en 1924 pediu ao seu xenro E. Krenek que a completara. Ese foi o inicio das sucesivas, diversas e variadas versións desta obra incompleta que dende aquela ata hoxe fixeron distintos especialistas como Cooke, Wheleer, Carpenter, Barshai. O certo é que, a pesar da gran cantidade de diferenzas de detalle entre as versións, todas elas son perfectamente recoñecíbeis como variantes dunha mesma obra. A proposta que nos ofrece a OSG é a segunda versión de Remo Mazzetti que foi estreada en outubro de 1999 en Barcelona, baixo a dirección precisamente de Jesús López Cobos

A Orquestra Sinfónica de Galicia, creada en 1992, con sede no Palacio da Ópera desta cidade, é, tras dez anos longos de música nos seus atrís e máis de media ducia de proxectos artísticos en marcha –entre eles o Coro Sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Xove, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG-, unha das agrupacións con maior proxección de España, organizando cada ano a súa tempada de concertos, un ciclo de música de cámara, o Festival Mozart da Coruña e programas didácticos para todos.

Jesús López Cobos, naceu en Toro (Zamora) en 1940. No ano 1971 foi convidado pola Ópera de Berlín, onde permaneceu ata 1990 e onde foi director xeral de música. Durante seis anos foi principal director invitado da Filharmónica de Londres. É regularmente convidado a dirixir todas as grandes orquestras europeas e americanas, ademais de ter participado nos máis prestixiosos festivais internacionais, como Edimburgo, Salzburgo, Berlín, Praga, Lucerna, Montreux, Tanglewood, Ravinia, Hollywood Bowl, etc. Foi director da Orquestra Nacional de España (1984-1988) e dende 2003 é director musical do Teatro Real. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, é membro de honra do Teatro da Ópera de Berlín, Cruz ao Mérito de Primeira Clase da República Federal Alemá, Doutor Honoris Causa en Artes pola Universidade de Cincinatti, Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes, Officier de l’Ordre des Artes et Lettres e Premio Fundación CEOE.

As entradas poñeranse á venda o día 30 de marzo e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia en horario de 12 a 14 e de 17 a 20 horas. Ambos os días e en idéntico horario funcionará o servizo de venda telefónica, baixo a forma de pagamento con tarxeta, nos teléfonos 981 571 026 e 981 573 979.

Servizo de venda anticipada no 902 434 443 ou en www.caixagalicia.es. Prezo: 9 euros. Descontos do 50% para estudantes e xubilados.

Compartir: