Mércores 30 de marzo 2005

Axenda

"Hotel Run" no Teatro Principal

Teatro Sapristi interpreta esta comedia escrita e dirixida por Evaristo Calvo.

Os días 30 e 31 de marzo, no Teatro Principal, representarase a obra de teatro Hotel Run.

Hotel Run conta a historia de dúas irmáns que só teñen en común unha perturnación conxénita do sono. O sonambulismo. A morte de seu pai xuntounas para cumprir a derradeira vontade do difunto. Unha vontade absurda de deitar as súas cinzas no retrete do cuarto dun hotel onde, disque, pasara os momentos máis felices da súa existencia. Curioso. Pero máis curioso resulta aínda será que as súas herdeiras se dispoñan a cumprir tan extravagante mandado. Curiroso, ou non. ¿Cantos de nós non nos atopamos, nalgunha ocasión, no trance de facer algo contrario ás nosas conviccións e da nosa vontade?

Hotel Run está concebido como un xogo de misterior absurdos no que as distintas disciplinas que o conforman, en vez de superporse, mestúranse na orixe mesma de escenificación. Non é, por tanto, un espectáculo teatral con pasaxes musicais ou de danza. Máis ben podese definir como un ballet cómico dialogado. A música e a danza serven como veículos da comediaen paridade de impooirtancia co texto e os recursos xestuais.

Texto e dirección: Evaristo Calvo
Intérpretes: Patricia Vázquez, Nuria Sanz e Rodrigo López.
Duración: 80 minutos
Público preferente: maiores de 13 anos

Axenda

Auditorio de Galicia: concertos didácticos

O grupo Pallamallada ofrece o mércores, 30 de marzo, dúas novas sesións de concertos didácticos no Auditorio de Galicia nas que participarán dous mil rapaces

ASUNTO: CONCERTOS DIDÁCTICOS

LUGAR: AUDITORIO DE GALICIA

DATA: MÉRCORES 30 DE MARZO DE 2005

Dentro do ciclo Concertos Didácticos o Auditorio de Galicia ofrece o mércores 30 de marzo, en sesión dobre, ás 10.00 e ás 12.00 unha actuación do grupo PALLAMALLADA.

PALLAMALLADA, debuxa neste novo espectáculo un abano de elementos musicais que foron recollendo pola xeografía galega, moitos deles rescatados da memoria dos máis vellos pois desapareceron do uso cotián.

O espectáculo está concebido como un conto que, a través das lembranzas dun vello músico narra os seus comezos de aprendiz de gaiteiro. Baseándose na funcionalidade que ten a música nos diferentes acontecementos que suceden ao longo do ano. O espectáculo amosa os distintos feitos musicais que sucederon na Galicia preindustrial, é dicir, cando os procesos productivos serealizában de xeito íntegro como é o caso do liño e o pan (roupa e alimentos), actividades representativas por excelencia da estructura socioeconómica da vida dunha aldea. Ao redor desta idea, xorden as relacións sociais, as crenzas, a organización da parroquia, os oficios, as festas maiores, as festas laborais ou espontáneas, etc.

PALLAMALLADA naceu como grupo de música tradicional no ano 1986, coa pretensión de dar a coñecer ao público o que foi a música popular galega desde o século XVII ata principios de XX coa máxima autenticidade posíbel, sabedores das desvirtuacións que este tipo de representacións sofre ao levalas a un escenario, fóra do seu contexto.

Ás sesións deste espectáculo asistirán dous mil rapaces, de 9 a 13 anos, de colexios de Santiago, Valga, Padrón, Boiro, Negreira, A Estrada, Serra de Outes, Marín, Silleda, Camariñas, Melide, Cee, Monforte de Lemos, Muros, Nigrán e Celanova

Axenda

O Centro Aurelio Aguirre lembra o 'Banquete de Conxo'

Mañá mércores, 30 de marzo, a partir das 18.30 horas e simultáneamente co acto de entrega dos premios do cuarto concurso de relato curto "José Saramago" e do segundo concurso de poesía "Aurelio Aguirre".

No centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo, a concelleira de Centros socioculturais, Mercedes Rosón, presidirá mañá mércores, ás 18.30 horas, o acto de entrega dos premios do cuarto concurso de relato curto "José Saramago" e do segundo concurso de poesía "Aurelio Aguirre".
O acto coincide coa celebración do cento corenta e nove aniversario do histórico "Banquete de Conxo", que reuniu nunha comida e recital poético a obreiros de Compostela xunto a destacados galeguistas e escritores como Eduardo Pondal ou Aurelio Aguirre.
O acto abrirase ás 18.30 horas cun concerto de violín, guitarra e piano e do conxunto instrumental "Alfaia". De seguido, a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, fará entrega dos galardóns, que este ano recaeron en José Manuel Vázquez Lorenzo, de Boiro, pola obra "Tardes de amor, viño doce e galletas de coco", no certame de relato curto "José Saramago" e en Alicia Fernández Rodríguez, de O Saviñao (Lugo) polo poemario "Verdes Imaxinados" no certame "Aurelio Aguirre". Tanto para o certame literario como para o de poesía presentáronse uns 23 traballos.
A continuación, haberá un recital de poesía que dará paso ao historiador Miguel Anxo Seixas, que falará arredor da Compostela de Aurelio Aguirre. A Agrupación de Música Tradicional Aurelio Aguirre de Conxo porá o broche final á cerimonia cun concerto.

Axenda

Xogos interxeracionais no Centro Sociocultural de A Trisca

O Club de Maiores e a Aula de Xogo Infantil do Centro Sociocultural de A Trisca organizan xogos interxeracionais.

Será o mércores 30 de Marzo de 2005 a partir das 18.00 horas no parque infantil de A Trisca. Entrada de balde.

Compartir: