Sábado 15 de outubro 2005

Axenda

Exposicións da Fundación Granell

"O estudio e os amigos de Granell" e "Revelación Profana" na Fundación Granell.

"O estudio e os amigos de Granell" recrea o estudio do pintor e mostra obra de Granell e doutros amigos surrealistas. Aberta ata o 31 de outubro.

"Revelación Profana", do Grupo surrealista de Leeds, Gran Bretaña. Ata o 17 de outubro.

Axenda

A compañía "Volta e dalle" estrea "Salitre" no Principal

A compañía Volta e dalle trae "Salitre" ao Principal: unha historia na que morre o mar e a xente emigra.

Guión e dirección:
Xosé Henrique Rivadulla Corcón

Intérpretes:
Pepe Penabade, Comba Campoy

Axenda

A Compañía Pendiente trae Downfall II á Sala Galán

A compañía da bailarina e coreógrafa catalana Ana Eulate presenta o seu espectáculo na Galán.

Dirección e coreografía:
Ana Eulate (coa colaboración de Teresa Navarrete)
Bailarinas:
Isabelle Cavoit, Ana Eulate
Colaboración e axuda á dirección:
Mercedes Recacha, Alan Dunnett, Ana Vallés
Poesía:
Eduard Escoffet

Compartir: