Mércores 12 de febreiro 2014
Axenda
Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"
As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.
Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"
Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.
Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.
Axenda
Nashville Pussy
Nashville Pussy embárcanse no 2014 nunha nova xira europea para presentar o seu novo disco, que os trae a Santiago, na súa única data no Norte da península, con Up the dosage, oitavo disco grande na súa discografía. As continuas referencias ao profundo Sur americano e o seu lado máis ‘paleto’ (redneck) e os riffs máis infernais de boggie metal danse a man para que a festa continúe unha vez máis.
O mércores 12 de febreiro, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
CoraSons
Multitudinario concerto de presentación de CoraSons. Confirmaron a súa asistencia en Santiago: Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Aline Frazäo, Sergio Tannus, Carlos Blanco, Isabel Leal, Rui David, Budiño, Luanda Cozetti, João Afonso, Norton Daniello e Magín Blanco.
O mércores 12 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural