Mércores 24 de outubro 2012
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche
Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.
Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
Paul Daniel dirixe a Real Filharmonía de Galicia
Paul Daniel dirixe á Real Filharmonía de Galicia como director convidado por última vez xa que, a partir de xaneiro do 2012, será o director titular. No concerto, no que se interpretan obras de Rorem, Hummel, Charpentier e Tippett, participará o pianista Josu de Solaun.
O mércores 24 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Contratiempos", por Nenacaracol
Belén Gordillo, "Nenacaracol", presenta Contratiempos, unha homenaxe a todas esas persoas que están nun proceso de autocoñecemento, que se senten soas e que desexan atopar a Felicidade a través da autoaceptación.
O mércores 24 e o xoves 25 de outubro, ás 21:00 horas, na Zona "C".
Máis información: Compostela Capital Cultural