Mércores 27 de maio 2009
Axenda
Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"
A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.
Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".
Axenda
A Real Filharmonía de Galicia co violinista Cho-Liang Lin
O mes de maio remata no programa de abono da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Antoni Ros Marbà e co violín solista Cho-Liang Li.
O mércores 27 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.