Mércores 6 de setembro 2006

Axenda

Escola de Verán

A Escola de Verán organizada pola Concellaría de Educación trasládase tamén a setembro. Un espazo de lecer para os máis novos nos centros de ensino, con diversos obradoiros e actividades.

Do 4 ao 8 de setembro, de 9:30 a 13:20 horas, nos centros de ensino Pío XII, Quiroga Palacios, Colexiata de Sar e CEIP Fontiñas

Axenda

Obradoiro de gravados

A artista Marga Crespo imparte un obradoiro de gravado, no que os asistentes aprenderán a traballar a impreisón con distintas técnicas e materiais.

Do luns 4 ao venres 8 de setembro, de 11:00 a 13:30 horas, na Fundación Granell.

Axenda

"Dons da intemperie" na Fundación Granell

Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.

Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.

Compartir: