Domingo 15 de outubro 2006

Axenda

A cidade interpretada

Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.

Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...

Axenda

Obradoiros municipais de circo

A Concellaría de Cultura, en convenio con Pista Catro, organiza os obradoiros municipais de iniciación e achegamento a diferentes disciplinas do Novo Circo.

Os sábados, de 16:00 a 17:00 horas, de 17:30 a 19:30, e de 20:00 a 22:00 horas, no pavillón deportivo do CEIP Quiroga Palacios.

Axenda

Unha "Suite bufa" na Sala Yago

A compañía catalana Gataro representa a súa "Suite bufa´".

Do venres 13 ao domingo 15, na Sala Yago.

Axenda

Actuación da Banda Municipal de Tui

Dentro do programa de intercambio da Banda Municipal de Santiago, vén esta vez a Santiago a Banda Municipal de Tui.

O domingo 15 de outubro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Domani Lavoro", de Paco Rocha

"Domani Lavoro" é froito dun traballo en distintas cidades de Italia, onde se plasman imaxes do entorno urbano e retratos. A colección de 18 fotografías en branco e negro é obra de Paco Rocha.

Do 6 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural da Trisca.

Compartir: