Mércores 29 de xuño 2005

Axenda

Óscar Dentice expón as súas fotografías na Trisca

Do 16 ao 30 de Xuño: "Santiago en estado puro"

A exposición, aberta no Centro Sociocultural da Trisca ata o vindeiro 30 de xuño, está formada por unha colección de fotografías de autor nas que os valores creativos como a luz ou o brillo conforman unha visión persoal das principais fachadas e paisaxes urbanos del Santiago monumental.

Axenda

Xornada técnica de presentación do libro

"Estudo Prospectivo sobre os recursos e necesidades existentes en Santiago no ámbeto da atención ás persoas maiores e/ou dependentes"

10:30-10:45 Entrega de Documentación
10:45-11:15 Presentación:
D. Xosé Manuel Iglesias Iglesias, Concelleiro de Promoción económica e emprego. Concello de Santiago
Dna. Adelaida Negreira, Concelleira de Asuntos Sociais. Concello de Santiago
11:15-11:45 "Estudo prospectivo sobre os recursos e necesidades existentes en Santiago no ámbito da atención ás persoas maiores ou dependentes"
Pilar Casal García
María del Mar Castro Romero
María Soledad Salgado Fandiño
Marina Sandamil Andión

11:45-12:15 Descanso Café
12:15-13:00 "Novos xacementos de Emprego"
Dona Marisa Mallo Fernández. Subdirectora Xeral das Cualificacións. Dirección Xeral de Formación e Colocación . Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Xunta de Galicia

13:00 Clausura

Axenda

II Semana Cultural da Trisca

Actividades programadas (do 21 ao 30 de xuño) dentro da II Semana Cultural do Centro Sociocultural da Trisca, que celebra o seu segundo ano de andaina.

Martes 21
17.00 h
• Xuntanza semanal do club de maiores.
SALA DE ENCONTRO
18.30 h
• Taller de globoflexia. Entrada libre, previa inscrición.
AULA DE XOGO
19.30 h
• Inauguración dos actos da II Sema¬na cultural do Csc A Trisca a cargo da Concelleira delegada de centros socioculturais Dna. Mercedes Rosón Ferreiro.
• Recital poético de D. Jesús Mera, colaborador do centro sociocultural, amenizado na guitarra pola Asocicia¬ción cultural Alfaia.
SALÓN DE ACTOS
20.15 h
• Actuación do grupo de baile "Cantigas e Agarimos".
PARQUE PÚBLICO DE A TRISCA

Mércores 22
18.00 h
• Representación do grupo de teatro Fogar do Maior da Porta do Camiño da obra Menciñeiro á forza. Adaptación da obra de Molliere de Xosé Manuel Carballo. Dirixida por Xan Curiel Ares.
SALA DE TALLERES
18.30 h
• Taller "Danzas do mundo". Preparación.
AULA DE XOGO
20.00 h
• Actuación do grupo coral "A Xuntanza".
SALÓN DE ACTOS

Xoves 23
18.00 h
• Proxección da película "Polígono Sur".
AULA DE TALLER
18.30 h
• Xogos tradicionais para nenos no parque público.
19.00 h
• Actuación musical a cargo da "Asocia¬ción cultural Alfaia".
SALÓN DE ACTOS
Noite de cacharelas e meigallos no barrio.

Venres 24
17.00 h
• Taller de cesteria para maiores.
SALON DE ACTOS
19.30 h
• Exposición de elementos da historia do barrio (fotografías, obxectos, costumes).
• Tertulia sobre o arte no barrio. Conducida pola historiadora Dna. Mercedes Vázquez Bertomeu membro da AV A Xuntanza.
SALON DE ACTOS
22.30 h
• Cine ao aire libre. Película Big Fish.
PARQUE PÚBLICO DA TRISCA

Sábado 25
11.00 h
• Almorzos saudables na cociña.Participa o club de maiores e aula de xogo, colabora D. Xesús Feas con indicaciós sobre hixiene nutricinal nos almorzos.
AULA DE PLÁSTICA
17.00 a 21.00 h
• Zoco dance: Mercadillo da cultura de baile e danza. Espazo de mostra audio¬visual, escénica, moda e alimentación entorno á cultura do baile (consulta a programación específica).

Martes 28
17.00 h
• Xuntanza semanal do club de maiores.
AULA DE ENCONTRO
18.30 h
• Ximcana Infantil e festa da espuma.
PARQUE INFANTIL
19.30 h
• Representación teatral do grupo His¬teria coas pezas O por qué do porqué e Ramón.
SALÓN DE ACTOS

Mércores 29
17.00 h
• Club de maiores. Visita guiada polo arte do barrio.
18.00 h
• Actuación do grupo de teatro Duende Sico coa obra Cando Sico encontrou a lúa.
SALÓN DE ACTOS
19.00 h
• Música e veciñanza para celebrar o día do San Pedro. Actividade organizada pola AV Amigos de San Pedro.
PARQUE PÚBLICO DA TRISCA
Xoves 30
19.00 h
• Festa de clausura da semana

Durante estas datas manterase a programación habitual do centro coas diferentes actividades e servizos. Haberá ademais unha mostra de fotografias baixo o título "Santiago en estado puro", de Oscar Dentice. No barrio o Colexio Alborada celebra tamén a súa vixésima semana cultural
(20, 21, 22 e 23 de xuño) con atractivas actividades, e xa se viven as festas do San Pedro a partir do 29 de xuño e na fin de semana do 1, 2 e 3 de xullo, organizadas polas diversas entidades do barrio.

Axenda

"Santiago de Cuba en Compostela"

I Xornadas da Cultura Santiaguera en Galicia. Do 29 de xuño e o 8 de xullo do 2005.

PROGRAMA
XOVES 7 XULLO
Teatro

22.00h
Sala NASA
Humore Mío

Concerto de Hip-hop
23,00h.
Paseo da Alameda
De-RAP-e cubano
Concerto de hip-hop con Nilo DJ + Telmary + Yusa + Vanito + micro aberto
Acompañando a Telmary, Yusa e Vanito, contaremos coa presencia de Nilo Castillo aos pratos, músico cubano que pincha e fai rock e rap latino. O seu primeiro disco, gravado e editado en España, ten sabor a nu trova, old skool guaracha, electrónico, pegada hip-hop e mentalidade latinoamericana.

VENRES 8
Clausura
23.00 h.
Sala Nasa. Trovadicto.
Concerto-descarga de despedida coa participación de Telmary, Ilhosvani CAballero "Vanito", Rubén Lester, Raúl Torres, Yusa e outros músicos compósteláns.

Axenda

Mutantes metálicos na Sala Nasa

O enfermizo cabaret ambulante de Klaus e Simón

22:00 h
Sala NASA
Mutantes Metálicos
O enfermizo cabaret ambulante de Klaus e Simón

Compartir: