Sábado 21 de maio 2005

Axenda

Concerto de Nuke Trío

Dentro do programa didáctico "Coñecer as cidades patrimonio", Nuke Trío ofrecerá un concerto ás 12.15 no Auditorio baixo o título "A tradición, unha fonte universal".

PROGRAMA

1. LA ROSA ENFLORECE (Trad. sefarad. Arr. Nuke Trío)
2. PARFUM DE GITANE (Anouar Brahem. Arr. Nuke Trío)
3. O XARDÍN DOS LIMOEIROS (Pedro Pascual. Arr. Nuke Trío)
4. ANNOBON (Aldo Romano. Arr. Nuke Trío)
5. OUVREZ LA PORTE (Gilles Chabenat. Arr. Nuke Trío)

Intérpretes:
PEDRO PASCUAL, guitarra acústica e bouzouki
GERMÁN DÍAZ, zanfoña electroacústica
PABLO PASCUAL, clarinete baixo

Nuke trío únense para ofrecer unha nova visión das músicas tradicionais. O seu repertorio abarca tanto as músicas denominadas "de raíz" da Península Ibérica, como a nova corrente da música creativa europea. Así, pódense escoitar composicións de músicos como Louis Sclavis, Gilles Chabenat ou Anouar Brahem...

A tímbrica particular desta formación, máis o acertado dominio que cada integrante posúe do seu instrumento, converte esta proposta nun dos máis interesantes proxectos musicais que podemos ver en Galicia.

Axenda

Festival dos Ritmos do Mundo

Do xoves 12 ao sábado 21 de maio, o centro sociocultural de Vite acollerá varias actividades do Festival de Ritmos do Mundo que organiza a bailarina e mestra de danza do ventre Martha Franco.

Obradoiros de danzas ziganas, africanas, colombianas, de samba, de arte floral e caligrafía xaponesa e a exposición de fotografía sobre "Culturas para compartir. Xitanos hoxe", son algunhas das actividades programadas para o Festival de Ritmos do Mundo que dará comezo o xoves 12 de maio.

Compartir: