Domingo 15 de maio 2005

Axenda

Concerto do Día das Letras Galegas

O concerto da Banda Municipal de Música do domingo 16 de maio estará dedicado ao día das Letras Galegas. Casiano Mouriño Maquieira será o encargado de dirixir a Banda.

Programa:

I
Coruña...........................Pasodobre....................F. Del Río
La leyenda del beso.........Selección................Soutullo e Vert
Airiños aires..............Rapsodia galega.................G. Freire

II
Carmina..........................Rapsodia galega...........T. Blanco
A lenda de Montelongo...........Escenas galegas.....B. del Río

I. Na fiada
II. Canción popular
III. Camiño da foliada
Negra Sombra..........................Balada.................J. Montes

Axenda

Festival dos Ritmos do Mundo

Do xoves 12 ao sábado 21 de maio, o centro sociocultural de Vite acollerá varias actividades do Festival de Ritmos do Mundo que organiza a bailarina e mestra de danza do ventre Martha Franco.

Obradoiros de danzas ziganas, africanas, colombianas, de samba, de arte floral e caligrafía xaponesa e a exposición de fotografía sobre "Culturas para compartir. Xitanos hoxe", son algunhas das actividades programadas para o Festival de Ritmos do Mundo que dará comezo o xoves 12 de maio.

Compartir: