Xoves 28 de abril 2005

Axenda

Seminario sobre "Intervención con familias que sofren violencia doméstica"

O Concello de Santiago colabora coa Universidade compostelá na organización do seminario de "Intervención con familias que sofren violencia doméstica", que se celebra en Santiago de Compostela o 28 e 29 de abril.

O Concello de Santiago colabora coa Facultade de Psicoloxía da Universidade compostelá na organización do seminario de Intervención con familias que sofren violencia doméstica destinado ao persoal técnico da administración local, que se celebra na Facultade de Psicoloxía da Santiago de Compostela (Campus Universitario Sur) o 28 e 29 de abril.

Este seminario enmárcase dentro das actividades de formación da Unidade de Psicoloxía Forense no ámbito da intervención familiar. Nel trátanse aspectos legais e psicosociais do maltrato intrafamiliar abordados desde a nova Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

O xoves 28 de abril pola mañá (de 10:00 a 14:30 horas) faise unha análise da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e pola tarde (de 17:00 a 20:00 horas) analízase a responsabilidade do persoal técnico nos informes ante a Administración de Xustiza.

O venres 29 de abril, analízanse as consecuencias do maltrato de xénero e as repercusións da separación conyugal na familia, entre outros temas.

Pódese obter máis información na Unidade de Psicología Forense. Tel.: 981 56 31 00. Extensión 13871 ou a través do e-mail: uforense@usc.es

Axenda

Próximas actividades do CSC de A Trisca

O Centro Sociocultural de A Trisca organiza actividades para os vindeiros días de abril.

Mércores 20
O Club de Maiores organiza unha visita ao Museo das Ciencias da Universidade. Partirase desde o Centro Sociocultural ás 16.30 horas.

Venres 22 de 2005 ás 18 horas
Cine para a mocidade: "Escuela de Rock".

Sabado 23
Pola mañá, encontros coa cociña "Facendo rosquillas", organizado polo Club de maiores do barrio

Ademais, o Colectivo Sapoconcho organiza a exposición de pintura e obxectos "Os 7 pecados capitais" ata o 28 de abril de 2005.

Informacion e inscrición:
Csc A Trisca R/Corredoira das Fraguas 92, Santiago.
Teléfono 981543191

Axenda

Nancho Novo presenta "Defendiendo al cavernícola"

O 27 e o 28 de abril no Teatro Principal ás 21.00 horas.

"Defendendo ao cavernícula" foi o monólogo máis representado na historia de Broadway, e na súa honra, Rudolph Giuliani proclamou o Día do Cavernícola.

Axenda

Útero Teatro presenta "Amor crú"

Portugal & cia - Ciclo de novas expresións artísticas portuguesas

Na Sala Nasa, os días 28, 29 e 30 de abril.

Falar crú, ser crú, amar crú e morrer crú. Amor Crú é unha historia crú, un instre crú, un soño de corpos crús que viven a súa catástrofe na súa propia pregunta. Reproducir a cuestión da fugacidade da vida, da transitoriedade, o tráxico está na percepción da realidade.

A nosa historia crúa é un xogo dos sentidos, un mundo onde as accións e reaccións non están filtradas. Amor Crú desbrozase no feminino e no masculino, fala da nosa putrefacción mais profunda e da nosa beleza, para confundilas, temos a prescripción, a data de caducidade tatuada en corpos. Amor Crú é un discurso sobre unha sociedade urbana, sobre a velocidade, a manipulación do lugar onde todo pode virarse e revolverse contra ti. Falar de amor, de crueza e da invención de memorias. Está é unha "historia para queimar preguntas".

Axenda

Útero Teatro presenta "Amor crú"

Dentro de "Portugal & cia" (Ciclo de novas expresións artísticas portuguesas). Organizado pola Concellaría de Cultura e Sala Nasa.

A compañía lisboeta Útero Teatro pon en escea "Amor crú", de Susana Vidal e Eric Costa. Con Carla Ribeiro, Sara de Castro e Susana Vidal.

Falar crú, ser crú, amar crú e morrer crú. Amor Crú é unha historia crú, un intre crú, un soño de corpos crus que viven a súa catástrofe na súa propia pregunta. Reproducir a cuestión da fugacidade da vida, da transitoriedade, o tráxico está na percepción da realidade. A nosa historia crú é un xogo dos sentidos, un mundo onde as accións e reaccións non están filtradas. Amor Crú desbrozase no feminino e no masculino, fala da nosa putrefacción mais profunda e da nosa beleza, para confundilas, temos a prescripción, a data de caducidade tatuada en corpos. Amor Crú é un discurso sobre unha sociedade urbana, sobre a velocidade, a manipulación do lugar onde todo pode virarse e revolverse contra ti. Falar de amor, de crueza e da invención de memorias. Está é unha "historia para queimar preguntas".

Compartir: