Domingo 17 de abril 2005

Axenda

O CSC José Saramago acolle a exposición fotográfica de Marcial San Martín

O centro sociocultural José Saramago de Vite acolle ata o vindeiro 27 de abril a exposición fotográfica de Marcial San Martín "Sinfonía para metais".

As fotografías desta mostra son fragmentos de realidade vistos a través dunha cámara, seleccionados e deglutinados por ela. As imaxes presentan elementos arquitectónicos descontextualizados, coa característica común da forte presencia do metal, o material constructivo dominante no século XX.

Marcial San Martín é un mozo afeccionado á fotografía, que estudiou na Escola Mestre Mateo de Santiago.

Na organización da exposición colaborou "Espacio Xove", servizo de mediación sociocultural no ámbito da promoción das formas de expresión cultural da xente moza.

O horario de visita é de martes a sábado de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Dirixido por Casiano Mouriño Maquieira, ás 12 horas no Teatro Principal

I
Homenaxe a Pepiño Cendón....Pasodobre......J. Ces Lorenzo
Cincenta..............................Obertura...........G. Rossinni
As dúas pombas......................Suite...............A. Messager
I. Entrada
II. Escea das dúas pombas
III. Tema e variacións

II
Homenaje a un premio nóbel....Poema descriptivo.....R. Taléns (Estrea)
I. Andante
II. Introducción
III. Recitativo
IV. Allegro final
Oregón...............................Fantasía...................J. de Haan
Cielo andaluz..................Pasodobre...............P. Marquina

Axenda

O Ballet Rei de Viana estrea "Lumieira"

Ás 21 horas no Auditorio de Galicia, o sábado 16 de abril e o domingo 17.

O Ballet Rei de Viana estrea o seu novo espectáculo "Lumieira"

Compartir: