Sábado 16 de abril 2005

Axenda

O CSC José Saramago acolle a exposición fotográfica de Marcial San Martín

O centro sociocultural José Saramago de Vite acolle ata o vindeiro 27 de abril a exposición fotográfica de Marcial San Martín "Sinfonía para metais".

As fotografías desta mostra son fragmentos de realidade vistos a través dunha cámara, seleccionados e deglutinados por ela. As imaxes presentan elementos arquitectónicos descontextualizados, coa característica común da forte presencia do metal, o material constructivo dominante no século XX.

Marcial San Martín é un mozo afeccionado á fotografía, que estudiou na Escola Mestre Mateo de Santiago.

Na organización da exposición colaborou "Espacio Xove", servizo de mediación sociocultural no ámbito da promoción das formas de expresión cultural da xente moza.

O horario de visita é de martes a sábado de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.

Axenda

XIII Feira de Teatro de Galicia

Programa para o sábado 16 de abril.

10:30 h. Tanxarina presenta "Os narigudos" na Sala Yago
16:00 h. LaSal Teatro (Andalucía) presenta "Aguaire" na Sala Yago
17:45 h. Teatro Galileo presenta "O divertimento do rei" Sala Nasa
19:30 h. En Blanc (Illas Baleares) presenta "Mírame" no Teatro Galán
21:15 h. Teatro de Ningures presenta "Tartufo" no Salón Teatro
23:45 h. Gelabert-Azzopardi (Cataluña) presenta "Psitt! Psitt! Vienen regando flores desde Morón a La Habana" no Teatro Principal

Axenda

Actividades do Centro Sociocultural das Fontiñas

Programadas para o venres 15 e o sábado 16 de abril

Venres 15 20.00 h.Cine xuvenil: Proxección da película "The ring, la señal".

Sábado 16
12.00 h.

Audicións da Asociación Musical Alfaia
A hora do contacontos "Os contos da toupiñas"

17.30 h.
Cine infantil: Proxección da película "Peter Pam, la gran aventura"

Axenda

Actividades do Centro Sociocultural A Trisca

Para o venres 15 e o sábado 16 de abril.

Venres 15
19.00 h. Cine club de Maiores proxectarase a película "Mar adentro"

Sábado 16
18.30 h.
Animación á lectura para nenos

Axenda

O Ballet Rei de Viana estrea "Lumieira"

Ás 21 horas no Auditorio de Galicia, o sábado 16 de abril e o domingo 17.

O Ballet Rei de Viana estrea o seu novo espectáculo "Lumieira"

Compartir: