Venres 4 de novembro 2005

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

No Teatro Principal, homenaxe da Banda Municipal de Música ao compañeiro Jaime Barcala Doval, que foi clarinetista da Banda e que faleceu o pasado mes de agosto. O concerto estará dirixido por Casiano Mouriño e coa soprano Aida López.

Ás 12.00 no Teatro Principal o domingo día 6. Programa:
E. Melio. Jaime Martín..................Pasodobre
P. I. Tchaikovsky........................Capricho italiano
F. Schubert................................Ave María
" ................................Serenata
L.v. Beethoven..........................Sinfonía nº 7 en la maior, Op. 92
II. Allegretto
X. Montes................................Negra Sombra e Balada galega

Jaime Barcala naceu en Rubiáns – Vilagarcía (Pontevedra) o 15 de maio de 1969, comeza os seus estudos musicais na Escola de Música "Bernardo del Río" de Vilagarcía baixo a dirección de Luciano Abuin, para continuar na Banda de Música de Vilagarcía e segue na Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, e posteriormente no ano 1993 opten a praza de clarinetista na Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Estaba en posesión do título de profesor superior de clarinete e tamen tiña realizado na USC o curso de Adaptación Pedagóxica.

Axenda

Amaranto na Sala Nasa

"Tazón de sopa chinesa e un garfo (ou facer o gilipollas)" é un proxecto que xunta distintas pezas artísticas cun tema central: o amor e o individuo. Dous performers íspense emocionalmente con videoinstalacións en escena os días 3, 4 e 5 de novembro ás 22 horas na Sala Nasa.

Performers: David Franch, Lidia González Zoilo
Artista plástica: Ángeles Ciscar
Vídeos: Joan López Lloret, Ángeles Ciscar
Edición vídeos: Jordi Perramón
Vestiario: Marta Pelegrina
Iluminación: Ángeles Ciscar
Dramaturxia e dirección: Compañía Amaranto

Anúlanse trama e personaxes, nun intento de buscar a comunicación directa co espectador. Amaranto non emprega a linguaxe convencional: non é teatro, senón espazo real, configurado a través de imaxes e sons dunha creadora e obxectos que un home e unha muller traen da súa casa.

Amaranto funciona dende o 98, integrada por un grupo de persoas que veñen de distintas disciplinas artísticas. As técnicas da linguaxe xestual, a palabra e os medios audiovisuais configuran un novo xeito de percibir o feito teatral.

Axenda

Monicreques para adultos na Sala Yago

Venres ás 20.30 horas, sábado ás 22.30 e domingo ás 19 horas.

A compañía Desguace presenta "El hermano mellizo de Dios", de Manuel Gómez, títeres para adultos, na Sala Yago.

Axenda

Concertos da Real Filharmonía

Concertos programados para xaneiro de 2006.

Mércores 18 / 21:00 h
THE AGE OF THE ENLIGHTENMENT
Gustav Leonhardt, director
Capella Amsterdam
Odas de Purcell
Prezo: 18 €

Venres 27 / 21:00 h
Robert King, director
Haendel, Concerto grosso en Si bemol, op. 3 nº 2
Geminiani, Concerto grosso en mi menor, op. 3 nº 3
Rameau, Les Boréades (Suite)
Haendel, Música acuática, HWV 348-350
Prezo: 9 €

Axenda

N8 0HX presentan "Pisando ovos"

No Teatro Galán os días 3, 4 e 5 de novembro.

22:00 h Teatro Galán
N8 0HX pon en escea "Pisando ovos" (A Coruña).
Idea, creación e interpretación: David Loira, Rut Balbís

Compartir: