Venres 11 de novembro 2005

Axenda

Actividades no centro sociocultural das Fontiñas

Contacontos, cine, exposicións e charlas no centro sociocultural das Fontiñas.

Venres 11 de novembro
Na biblioteca infantil "Segredos de cabaleiros andantes". Xogo; armámonos cabalciros. Duclos.
Cine ás 20:00 h, proxección de "Alfie", película protagonizada por Jude Law.

Sábado 12 de novembro
A hora do contacontos ás 12:30 h "Os contos da Toupiña"
Cine infantil ás 17:30 h proxección de "Un canguro superduro"
Inauguración da exposición "Los colores de la Tierra" de José Caballo ás 19:00 h
Dentro da programación do Club da Saúde Natural, charla sobre o nacemento sen violencia, recomendacións da OMS para un parto máis seguro, máis humano e máis respectuoso. Imparte Rosa Neira.

Axenda

Concertos da Real Filharmonía

Concertos programados para xaneiro de 2006.

Mércores 18 / 21:00 h
THE AGE OF THE ENLIGHTENMENT
Gustav Leonhardt, director
Capella Amsterdam
Odas de Purcell
Prezo: 18 €

Venres 27 / 21:00 h
Robert King, director
Haendel, Concerto grosso en Si bemol, op. 3 nº 2
Geminiani, Concerto grosso en mi menor, op. 3 nº 3
Rameau, Les Boréades (Suite)
Haendel, Música acuática, HWV 348-350
Prezo: 9 €

Axenda

Elena Córdoba na Sala Nasa

A compañía de danza de Elena Córdoba porá en escena "Silencio" o xoves, venres e sábado ás 22 horas na Sala Nasa.

Silencio é un fresco sobre a condición humana pintado a través da súa condición física. A obra transforma a imaxe que temos do corpo humano a través de movementos e condutas animais.

Bailaríns: Monse Penela, Josué Naval, Camile Chanson, Mª Dolores Jiménex, Patricia Lamas, Emilio Tomé, Mª Jose PIre, Jorge Horno
Textos: Libro de alegrías, de Antonio Fernández Lera
Iluminación: Carlos Marquerie
Son: Javier Marquerie
Dirección: Elena Córdoba

Entre poemas de Lera e sons de Bach, Elena Córdoba quere que os seus bailaríns persigan a verdade, na vez de seren figuras poéticas nun escenario. Buscan os seus estados físicos reais através do primario, do sinxelo.

Axenda

Cambaleo trae os "Diálogos" á Galán os días 10, 11 e 12

O espectáculo está articulado en diálogos independentes con cadanseu título propio que, xuntos, propóñenlle ao espectador unha viaxe por tres temas como se dun tríptico se tratase: a sociedade de consumo, a enfermidade, as crenzas.

Autor e director: Carlos Sarrió
Interpretación: Antonio Sarrió, Begoña Crespo, Arsenio Jiménez, Julio C. García, Carlos Sarrió
Espazo escénico e vestiario: Pablo Almeida e Gonzalo Buznego
Iluminación: Carlos Sarrió.
Técnico de iluminación e son: Francisco Ruiz
Deseño gráfico, fotografía e vídeo: David Ruiz
Distribución: Josiane Hebden
Produción executiva: Antonio Sarrió
Produción: Cambaleo Teatro, Comunidad de Madrid
Colaboración en xira: Ministerio de Cultura

Días: 10, 11 e 12 de novembro na Sala Galán ás 22 horas.

Os nosos anónimos personaxes, unha vez máis, deambulan, preguntan, dialogan. Estes personaxes sen nome, sen historia, definidos só pola súa presenza en escena, falan sobre os diferentes paraísos que nos ofrece a nosa sociedade, sobre a enfermidade, sobre a difusa liña que separa o san do enfermo, sobre as crenzas, sobre os deuses.

Todo isto desde o punto de vista do humor que aparece debido á cerimonia da confusión que provoca a linguaxe. As palabras non aclaran nada, pero os nosos personaxes non poden deixar de utilizalas, e aí sobrevén o drama e a comedia en Diálogos.

Cambaleo Teatro nace como compañía en 1982. Nestes 23 anos de existencia, as súas liñas de traballo no mundo teatral foron varias: Teatro para adultos en Sala, Teatro para nen@s, Teatro de Rúa, Espectáculos especiais, Performances, Pedagoxía Teatral, e na actualidade e desde 1989, xestionan e programan a Sala Alternativa La Nave de Cambaleo.

Cambaleo Teatro participou en numerosos Festivais en España: Festival de Otoño de Madrid, Festival de Sitges, Teatralia, Feria de Huesca, Festival Iberoamericano de Cádiz... Tamén viaxou cos seus espectáculos a Portugal, Francia, Alemaña, Polonia, Bolivia, Venezuela e Nicaragua.

Durante este tempo, desenvolveu unha aposta teatral baseada na continuidade do equipo de traballo, e na procura dunha linguaxe teatral propia, reflexionando sempre sobre o mundo que nos rodea.

Compartir: