Sábado 8 de setembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Teatro infantil por Galitoon no Principal

A compañía Galitoon representa Golulá, que vén de ser premiada como mellor espectáculo infantil no festival de Ciudad Rodrigo. Con esta montaxe, que agora circula na Rede Galega de Teatros e Auditorios, a compañía Galitoon conta as aventuras de Bunkaa e Lara, que tentan salvar o seu país das gadoupas do malvado Doutor Terrier, quen roubou a única nube que posúe Golulá.

O sábado 8 e o domingo 9 de setembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: