Venres 27 de abril 2007

Axenda

Mostra sobre Luis Seoane no Auditorio

"Luis Seoane da costa de Circe á costa da Morte" é o título da exposición que acolle o Auditorio de Galicia, con óleos da colección Alcalde Varela. A mostra está comisariada por Rosa Espiñeira Pan e producida pola Concellaría de Cultura.

Do 27 de febreiro ao 29 de abril, no Auditorio de Galicia.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 h.

Axenda

O Orfeón Terra a Nosa nun concerto didáctico

O Orfeón Terra a Nosa e a Capela Compostelá interpretan o madrigal "Barca di Venezia per Padova", composto en 1605 por Adriano Banchieri. É unha comedia harmónica que reúne toda as características da Commedia dell'arte que se puxo de moda en Italia no Renacemento serodio: Lucio, Oratio, Dottore e Isabella protagonizan unha trama na que non faltan il Capitano, un Clown, un Pierrot, un equilibrista, un arlequino, unha Colombina, un Pantalone...

O venres 27 de abril, ás 10:00 e ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XXVI Feira do Libro

O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro. Mesas redondas, sorteos de lotes de libros, exposicións, obradoiros, firmas de libros e moitas outras actividades.

Do 27 de abril ao 6 de maio no Paseo Central da Alameda.

Axenda

XII Certame de Teatro Intercentros

Alumnos de centros de ensino da cidade e da comarca repreentan as súas propias obras de teatro no XII Certame Intercentros.

Os días 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de abril, no salón de actos do Instituto Rosalía de Castro.

Axenda

As corais compostelás nos centros socioculturais

As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.

Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: