Xoves 8 de novembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

"Figuramas", de Fran Lareo, no CSC do Ensanche

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle unha exposición titulada "Figuramas", de Fran Lareo. Trátase dun artista autodidacta que fai esculturas en madeira e noutros materiais.

Do 5 ao 12 de novembro, no CSC do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16).

Axenda

Os novos creadores do GZ Crea expoñen na Zona "C"

O Certame Galego de Creadores Novos GZcrea 2007 abre portas aos máis novos creadores galegos.

Do 8 de novembro ao 16 de decembor, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval. Poderase ver a mostra todos os días, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os luns, a Zona "C" pecha.

Axenda

Exposición de Quintana Martelo

O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.

Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.

Axenda

Cineuropa

Cineuropa celebra a súa XXI edición cun programa cheo de bo cine das máis diversa filmografías.

Do 6 de novembro ao 3 de decembro, nas seguintes salas: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Fundación Caixa Galicia e Aula Sociocultural de Caixa Galicia.

Axenda

A violonchelista Han Na Chang interpreta a Dvorak, Cherubini e Brahms

A obertura da "Medea", ópera cómica de Cherubini, un concerto para violoncello de Dvorak, o que foi o último dos seus concertos, e a cuarta sinfonía de Brahms, coa chelista coreana Han Na Chang, unha virtuosa aos seus 24 anos, dirixida por Ros Marbá.

O xoves 8 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

O violoncellista Enrico Dindo interpreta a Dvorak, Cherubini e Brahms

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia. A obertura da Medea, ópera cómica de Cherubini, un concerto para violoncello de Dvorak, o que foi o último dos seus concertos, e a cuarta sinfonía de Brahms, co cellista italiano Enrico Dindo, dirixido por Ros Marbá.

O xoves 8 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: