Sábado 8 de xullo 2006

Axenda

Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca

A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".

Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.

En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.

Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).

Axenda

Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher

A Escola de Altos Estudios Musicais organiza este quinto festival, que combinará sesións lectivas de carácter teórico e práctico con concertos e audicións abertas ao público.

Do 3 ao 10 de xullo, na Escola de Altos Estudios Musicais.

Axenda

"Dons da intemperie" na Fundación Granell

Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.

Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.

Compartir: