Xoves 6 de xullo 2006

Axenda

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no "Vía Stellae"

O segundo concerto de "Vía Stellae" corre a cargo dunha formación galega de prestixio, a Orquestra Sinfónica, que convida ao público a uha viaxe a través da sinfonía clásica, da man dos seus principais representantes: Haydn e Beethoven.

O xoves 6, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca

A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".

Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.

En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.

Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).

Axenda

Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher

A Escola de Altos Estudios Musicais organiza este quinto festival, que combinará sesións lectivas de carácter teórico e práctico con concertos e audicións abertas ao público.

Do 3 ao 10 de xullo, na Escola de Altos Estudios Musicais.

Axenda

Charlas informativas sobre o novo permiso de conducir por puntos

O Departamento de Circulación e Seguridade Cidadá organiza unha serie de charlas para informar aos distintos colectivos da cidade sobre o funcionamento do novo carné de conducir por puntos.

29 de xuño

Hora: 20:30
Lugar: Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago
Colectivo: Asociación de Hostalería, ACOTÉS, etc.

3 de xullo

Hora: 20:00
Lugar: Salón de Actos da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre
Colectivo: Empresarios do Polígono do Tambre.

5 de xullo

Hora: 12:00
Lugar: Aula Castelao, Facultade de Medicina de Santiago
Colectivo: Alumnos e profesores da Universidade.

6 de xullo

Hora: 20:30
Lugar: Auditorio de Galicia
Colectivo: Empresarios do transporte urbano, discrecional, taxistas e transportistas en xeral.

Axenda

"Dons da intemperie" na Fundación Granell

Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.

Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.

Compartir: