Xoves 20 de xullo 2006
Axenda
Comeza CurtoCircuíto na Rúa
Comeza o programa CurtoCircuíto na Rúa’06, que cada xoves converterá unha prazas tradicionais de Compostela nun lugar de encontro para poder gozar de proxeccións e música a cargo de recoñecidos DJ’s.
Nesta primeira sesión, a música correrá a cargo de Los Jordanairs. En canto ás curtas, proxectaranse "Retruc", de Francesc Talavera; "Alright Love", de Ernst Ganzert; "Tadeo Jones", de Enrique Gato; "Te quiero mal", de Mireia Giró; Out of nowhere", de Diego Santomé, "Binta y la gran idea", de Javier Fesser; e "A boneca gravada", de Pedro Sardina.
O xoves 20, ás 22:00 horas, na Praza do Toural. Se chovera, na Praza de Abastos.
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Festas do Apóstolo 2006
Do 14 ao 31 de xullo, Santiago de Compostela celebra o Apóstolo 2006.
Un completo programa para tódolos gustos para gozar durante 18 días dunhas festas para os santiagueses e para os miles de persoas que nos visitan.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.
Axenda
VI Xornadas de órgano
O Consorcio de Santiago organiza as VI Xornadas de órgano, que contan con diversas clases prácticas, conferencias e concertos en varios espazos da cidade.
O programa é o seguinte:
12 de xullo Conferencia de Juan Monterroso, catedrático de Historia da Arte, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
13 de xullo Conferencia de Manuel Cela, organista da Catedral de Santiago, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
14 de xullo Conferencia de Enrique Jiménez, musicólogo y miembro de la Real Academia de Bellas Artes de san Fernando), ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
15 de xullo Durante todo o día se organizará un percorrido por catro órganos históricos da cidade: Santa Clara, Ánimas, Universidade e San Paio
16 de xullo Concerto de órgano, ás 20:00, na Igrexa de San Miguel dos Agros
17 de xullo Conferencia de Gonzalo Fernández, doctor en Ciencias Físicas, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
18 de xullo Conferencia de Pilar Alén, profesora de Historia da Música, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
19 de xullo Conferencia de Fernando Reyes, pedagogo e director do grupo de música antigua 'Resonet', ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
20 de xullo Concerto de órgano, ás 20:00, na Igrexa de San Miguel dos Agros a cargo dos alumnos
Axenda
Concerto italiano en Via Stellae
O mellor do Ressordimento da man destes madrigais de Monteverdi, baixo a batuta de Rinaldo Alessandrini.
O xoves 20, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.