Xoves 8 de xuño 2006

Axenda

Sen Xeración

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.

Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.

Axenda

Cruso básico en xestión de calidade para ONG de acción social

O Centro Sociocultural de Conxo (Praza Aurelio Aguirre, 1) acolle do 7 ao 9 de xuño, un Curso básico en xestión de calidad para ONG de acción social.

Trátase dun primeiro nivel formativo sobre calidade nas ONG, co seguinte temario:

Unidade 1: As ONG e o seu contexto
Unidade 2: O reto da calidade nas ONG
Unidade 3: Condicións organizativas da calidade
Unidade 4: Metodoloxías para preparar á organización
4.1. A planificación estratéxica
4.2. Liderazgo e xestión de equipos
Unidade 5: Principios da calidade
Unidade 6: Clientes
Unidade 7: Procesos e resultados
Unidade 8: Implantación dun modelo
Unidade 9: Ventaxas e inconvenientes

O curso é de 20 horas lectivas, distribuidas en 2 días e medio: mércores e jueves, en xornada de mañá e tarde; o venres, 4 horas pola mañá.

Axenda

Feira do Libro Antigo e de Ocasión

O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. Dez librarías ofrecen ao visitante a súa colección de libros, comics, revistas ou carteis.

Ata o 18 de xuño, no Paseo Central da Alameda.

Axenda

"Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell

O día 1de xuño, inaugúrase outro espazo cunha programación propia, o ciclo "Xoves poéticas surrealistas", a desenvolver na actual sala de conferencias, orientado a aqueles/as xoves creadores/ as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, a estética surrealista.

A primeira exposición deste ciclo é "Leningrad", exposición de colaxe, do artista Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) que permanecerá aberta ata o 25 de Xuño.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Santiago ofrece un dos seus concertos.

Ás 19:30 horas, na Rúa do Vilar.

Axenda

Concerto do pianista Javier Perianes coa Real Filharmonía

Maximino Zumalave dirixe á Filharmonía e máis ao pianista Javier Perianes, nun concerto co seguinte repertorio: "La pájara pinta", de Esplá, "Plenilunio" e "Danza sinfónica" (Obra gañadora do 2º Concurso Internacional de Composición Auditorio de Galicia), de Groba, o "Concerto para piano", de Scriabin e "Danzas Ballet Estancia", de Ginastera.

O xoves 8 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A Real Filharmonía nun novo concerto de abono

A Real Filharmonía, dirixida por Maximino Zumalave, e co pianista Javier Perianes, interpreta o seguinte programa:

Esplá, "La pájara pinta"

Groba, "Plenilunio. Danza sinfónica" (obra gañadora do 2º Concurso internacional de composición Auditorio de Galicia)

Scriabin, "Concerto para piano en fa menor, op.62"

Ginastera, "Danzas do Ballet Estancia"

Ás 21:00, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Festa do Circo

A Sala Nasa acolle unha peculiar Festa do Circo.

Do 8 ao 10 de xuño, ás 23:00 horas, na Sala Nasa.

Compartir: