Sábado 29 de abril 2006

Axenda

Sen Xeración

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.

Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.

Axenda

XXV Feira do Libro

A Feira do Libro chega un ano máis a Compostela, coa participación de 26 asociacións, entidades, librarías e editoriais de toda Galicia.

Ata o 8 de maio no Paseo Central da Alameda. En horario de 11:00 a 14:00 e 17:30 a 21:30; as fins de semana e festivos, o horario de mañá é de 11:00 a 14:30 horas.

Axenda

"A raíña da beleza de Leenane" no Teatro Principal

Teatro do Atlántico presenta esta obra irlandesa, que mistura, drama, suspense e unha historia de amor. O elenco habitual da compañía para unha peza tenra, humana, patética, satírica e sórdida.

O venres 28 de abril e o sábado 29, ás 21:00, no Teatro Principal

Axenda

Presentación da Federación Galega de Bandas de Música Populares

O Auditorio de Galicia acolle a presentación da Federación Galega de Bandas de Música Populares, nun evento organizado pola FGBMP e a Asociación Solfa.

Xosé Carlos Seráns dirixe á banda que representa ás bandas de música popular de Galicia. Actuarán xunto con varias corais: o coro do CPI das Fontiñas, o da Asociación Musical Solfa, a Coral Polifónica A Salle, o Coro Coto da Nai, a Coral Polifónica da Pontepedriña, a Coral Pontemantible e a Coral Irmán Gómez.

PROGRAMA:

Carmina, T. Blanco
Hipófisis (Fantasía), J. Javier Ces Calvo (estrea)
The Lord of the Rings, J. De Meij
1. Gandalf (The Wizard)
2. Lothlórien (The elvenwood)
3. Gollum (Sméagol)
a. Journey in the dark
b.The Mines of Moria
4. The Bridge of Khazad-Dûm
Vois sur ton chemin, B. Coulais
Rosas, Manuel María e Carlos Seráns
A Saleta, Manuel María e Carlos Seráns

O sábado 29 de abril, ás 21:00, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Seminario Formativo de Educación Familiar

Os Servizos Sociais Municipais organizan o Seminario Formativo de Educación Familiar

Os Servizos Sociais Municipais pon en marcha o Seminario Formativo de Educación Familiar que se desenvolve no Centro sociocultural de Fontiñas, nos meses de abril e maio do presente ano 2006, os mércores de 16 h a 18h.

PROGRAMACIÓN:

1ª Sesión. Día 19 de abril de 2006. Esta sesión divídese en dúas partes:
1ª parte: Título: "Servizos Sociais. O programa de intervención familiar" Imparte unha traballadora social do Concello.

Os obxectivos serán os seguintes:
- Promover un axeitado coñecemento dos servizos sociais.
- Promover un axeitado emprego do sistema de servizos sociais.
- Presentar os obxectivos reais do programa de intervención familiar.
- Traballar a motivación hacia o programa de intervención familiar.

2ª parte: Título: "Area de Relacions Sociais: Dereitos e deberes como cidadáns." Exposición por parte dunha Avogada.

Obxectivos da dinámica son os seguintes:
-Coñecemento dos dereitos/ deberes como cidadáns.
-Informar das consecuencias do incumplimento das obrigas como cidadáns..
-Coñecemento dos recursos xurídicos.

2ª Sesión. 26 de abril de 2006

Título: "Área de Saúde. Sexualidade." Exposición por parte dunha Educadora social.
Contidos:
-Métodos anticonceptivos e a súa correcta utilización.
-Hixene persoal.

3ª Sesión. 3 de maio:
Título: "Area de Relacións Sociais. Habilidades Sociais." Exposición por parte dunha Psicologa do Departamento da Muller.

Obxectivos:
-Mellora de destrezas
-Desenrolo desta habilidade

4ª Sesión. 10 de maio.
Título: Área escolar: Charla impartida por unha orientadora escolar, cos seguintes contidos:
-Promover axeitadas relacións pais escola.
-Prevención do absentismo escolar.


5ª Sesión. 24 de maio
Título: "Área de Saúde". Charla impartida por unha enfermeira de atención primaria, cos seguintes contidos:
-Axeitada utiliación do sisitema sanitario.
-Promover axeitados coidados da saude.
-Prevención.

6ª Sesión. 31 de maio.
Título: "Area de Emprego." Impartida por técnicos de emprego dos Servizos Sociais Municipais.

Os obxectivos da sesión son os seguintes:
-Coñecer cauces de inserción laboral
-Importancia da formación no mundo laboral

Realizaranse actividades programadas cos menores que acudan coas familias a estes seminarios. Levadas a cabo polas educadoras do Programa de Intervención Familiar.

Compartir: